ACTIVIDADES

VISITAS TEATRALIZADAS

O Festival Arraianos organiza todolos anos visitas guiadas teatralizadas. Nestas visitas polas rúas de Tui, actores profesionais representan escenas coas que coñeceredes a historia da nosa cidade. 

Merca as túas entradas

A CONQUISTA DO MIÑO

A Conquista do Miño A actividade máis refrescante do Festival consiste nunha proba deportiva en kaiaks. É unha carreira popular onde non fai falta ser o máis rápido, se non ter un pouquiño de sorte.

Os participantes terán que sair dende a Praia da Mariña ate a Ponte Internacional, onde están na obriga de voltear nalgún dos seus pilares. Unha vez chegados de novo á Praia da Mariña unha persoa da organización daralles a elexir entre unha serie de panos de cores que corresponden coa cor de diversos premios que teremos para vós.

Reserva a túa praza

CEAS DE TABERNA

Unha forma de introducirnos de cheo na pel dunha personaxe “medieval” é caracterizándonos e gozando dunha divertida reconstrución. Para iso creamos as “Ceas de Taberna” ás que é imprescindible vir caracterizados para vivir unha velada noutra época. Tanto dá se vides de nobres ou plebeos, todos poderedes cear na nosa improvisada Taberna Medieval.

Esta actividade está pensada para aqueles que queiran desfrutar de receitas medievais e para quen lle guste a diversidade da gastronomía das Receitas de  Poñente. Un menú pensado tanto para afeccionados á lectura fantástica, como para os máis tradicionais, acompañado sempre de espectáculos e animación privados.

Nestas ‘Ceas de Taberna’, levadas a cabo directamente pola asocioación cultural Arraianos, haberá unha ampla oferta gastronómica situada nun dos mellores lugares da zona monumental, o cárcere vello.

Merca as túas entradas

MERCADO ARRAIANOS

O mercado medieval ditribúese ó longo da zona Monumental de Tui ofrecendo ós seus visitantes a artesanía mais variada, crecendo cada ano en calidade e tamaño.

A este mercado súmanselle espectáculos rueiros e animacións de época medieval. Ademais, os nenos poderán gozar con diversas actividades que se engaden en exclusiva para eles.

Os establecementos de hostalaría, artesáns ou asociacións que desexen participar no Festival Arraianos atoparán toda a información necesaria despois do seu rexistro na nosa web.

Para inscribirse precisades confirmar a vosa participación no voso perfil persoal.

CONFERENCIAS

A Conferencia do Festival terá como tema principal a historia e o patrimonio de Tui. Todos os anos, igual que ocorre coas visitas teatralizadas, o tema variará para poder ensinarvos cada recuncho da nosa cidade.

A Conferencia terá lugar ás 12:00 h. do domingo no Cárcere Vello. A entrada é totalmente gratuíta pero o aforamento é limitado. Non hai reserva previa.

Desvelaremos o tema da nosa conferencia cada ano en Redes Sociais, onde ademáis poderás coñecer todas as novidades.

VODA MEDIEVAL

Esta actividade engadiuse ao Festival Arraianos para recrear unha voda medieval no pórtico da Catedral de Tui, xunto co seu correspondente banquete medieval privado e actuacións e animacións para pechar a velada.

Trátase dunha celebración real coa vantaxe do inesquencible contexto e a axuda da Asociación Arraianos, que se encargará de boa parte da organización da mesma.

Se nos reservan esta actividade, a voda celebrase sempre o sábado do Festival a partires das 20:00 h.

Se queres reservar data ou tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto connosco no seguinte correo:

produccion@asociacionarraianos.es

HABELAS HAILAS

“No 1486 o Malleus Maleficarum (coñecido como o Martelo das Bruxas) foi publicado polos Inquisidores dominicos <Hairesis máxima est opera maleficarum non credere> “A maior herexía é non crer na obra das Bruxas”. O manual foi utilizado durante moito tempo na caza de bruxas.

Unha noite dito manual desapareceu, e o rumor de que fora a propia bruxa suprema a encargada de dito hurto foi crecendo (…)

Pasado un tempo, unha serie de enfermidades como a Peste Negra chegou a localidade, a morte sen motivo de moitos inquisidores foi en aumento, e o que se creía un leve rumor tomou outra forma.

Así comeza o noso xogo de rol que deixará un rumoreo sinistro á vez que divertido nas vosas mentes.

Inscribirse e gratuito, so precisades enviar un correo electrónico cos nomes, apelidos e idades de todos os que ides participar ademais dun teléfono de contacto a produccion@asociacionarraianos.es escribindo no Asunto: Habelas Hailas.

Unha vez tramitada a inscrición poñerémonos en contacto convosco. A inscrición farase por orde de chegada, unha vez as prazas estean cubertas anunciarémolo en redes sociais.

RECEITARIO MEDIEVAL

Os alimentos e pratos que día a día consumimos, así como os costumes teñen un profundo transfondo histórico e antropolóxico. Un prato tradicional calquera é o resultado dunha serie de encontros ou choques culturais. E disto damos conta se nos detemos a apreciar a mesa medieval.

Esta actividade trata de levarnos á época medieval a través dos sentidos.

Varios locais tudenses prepararánnos unhas receitas que poderemos degustar a fin de semana do Festival Arraianos.

O horario para degustar a receita será das 20:00h ás 23:00h e o prezo será de 2€.

Estas receitas e moitas outras dos distintos anos estarán expostas na web para crear o noso e inesquecible Receitario Medieval Arraiano.

Poderédesvos inscribir no voso perfil persoal.

CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL 

O concurso de Caracterización Medieval e un exemplo de participación cidadán. Os locais tudenses competirán pola mellor adaptación medieval da súa vestimenta e dos seus locais.

Grazas a esta actividade poderedes gozar das distintas e divertidas caracterizacións dos locais de Tui. Neste concurso valoraráse a vestimenta, adaptación do local e orixinalidade. O local gañador obterá o Trofeo de Caracterización e será anunciado nas nosas Redes Sociais.

O xurado avaliará ós locais inscritos neste concurso a mañá do venres do festival e o gañador será anunciado o domingo.

Todos os locais de Tui poden participar no concurso de caracterización Medieval.

Inscribirse e gratuito, so precisades enviar un correo electrónico co nome do local, dirección e teléfono de contacto a produccion@asociacionarraianos.es escribindo no Asunto: Caracterización Medieval.

Unha vez tramitada a inscrición poñerémonos en contacto convosco.

HISTORIA DO FESTIVAL

O Festival Arraianos nace coa idea de fomentar a cultura, o turismo, a historia e polo tanto, a vida da cidade de Tui. Preténdese crear unha festa única cunha viculación sen precedentes ás raíces da mamoria arraiana. Un evento que dende o primeiro ano tratou de situarse entre os máis representativos da comunidade autónoma galega. Un evento feito para Tui cun carácter moi persoal.

Foi deseñado a partires do traballo fin de máster da USC de Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da tudense Andrea Costa Amorín. O traballo modificado foi presentado ao Concello de Tui para a realización do Festival, e dende o primeiro ano logrou o apoio de toda a corporación municipal.

O Festival Arraianos foi creado baixo unha historia que fará de fío condutor de todo o desenvolvemento do evento. Esta historia comeza cando unha científica tola constrúe unha máquina do tempo, pero por unha serie de erros, o aparato se descontrola e crea un desfase temporal en Tui, deixando as súas rúas e recunchos atrapados na Idade Media. A científica tratará inmediatamente de arranxar isto. Namentres, os cidadáns poderán desfrutar de este erro tódolos anos xa que a máquina estará nun bucle sen retorno, no cal a científica tentará arranxar o mesmo erro unha e outra vez.

Durante estes días, terás a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio desta cidade grazas ás actividades e espectáculos cun matiz propio da época. As caracterizacións, aínda que non obrigatorias, son recomendables, pois conseguirán mergullarte de cheo no Festival Arraianos.

IMAXES

Aquí poderás atopar as mellores imaxes do Festival Arraianos

VÍDEOS

Queda abraiado cos vídeos promocionais do Festival Arraianos

ARQUIVOS

Descarga os carteis e programas do Festival Arraianos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies