POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A confidencialidade e a seguridade son valores primordiais para ASOCIACIÓN ARRAIANOS. Somos conscientes da importancia que ten para o usuario o uso que facemos da súa información persoal e o modo no que a compartimos, polo que esta política de privacidade ten por obxecto proporcionarlle ó usuario toda a información necesaria para axudarlle a entender: quen é o responsable do tratamentos dos seus datos, o por qué da obrigatoriedade de facilitar os seus datos, que datos recompilamos, a finalidade para que os tratamos e durante canto tempo, a base legal para o seu tratamento, a que destinatarios se comunican os seus datos, as súas responsabilidades e os seus dereitos, así como os nosos esforzos por protexelos.

Os datos persoais que se faciliten a través da páxina Web situada na URL www.asociacionarraianos.es (en adiante, o “Sitio Web”) serán tratados como se describe en detalle a continuación.

1. RESPONSABLE

  • Responsable: Asociación Cultural Arraianos (en adiante, “ARRAIANOS”).

  • NIF.: G-94159217

  • Enderezo social: c/ Calvo Sotelo nº 15-1ºA, 36700, Tui (Pontevedra)

  • Correo electrónico: info@asociacionarraianos.es

2. OBRIGATORIEDADE DE FACILITAR OS DATOS.

Os datos solicitados nos formularios do Sitio Web son, con carácter xeneral, obrigatorios (salvo que no campo requirido se especifíque o contrario) para cumprir coas finalidades establecidas. Polo tanto, se non se facilitan os mesmos ou non se facilitan correctamente non poderán atenderse as finalidades contempladas nos mesmos.

3. QUE DATOS DO USUARIO TRATARÁ ARRAIANOS?

ARRAIANOS tratará as seguintes categorías de datos do usuario:

  • Datos identificativos: nome, apelidos e NIF.

  • Datos de contacto: dirección postal, dirección de correo electrónico e teléfono.

  • Datos de características persoais: data de nacemento, no caso de que se tramite a súa participación na actividade “Conquista do Miño” do Festival da Historia Arraiana ou no caso de que queira ser voluntario no referido Festival.

  • Datos de emprego e académicos: estudos, ocupación e idiomas, no caso de que queira ser voluntario no Festival da Historia Arraiana.

  • Logos e imaxes da empresa ou persoais: no caso dos usuarios que queiran ser socios, poden incluír na súa conta privada de ARRAIANOS unha imaxe persoal ou no caso dos usuarios que desexen ser colaboradores no Festival da Historia Arraiana, poden proporcionar os logos e imaxes de empresa para a súa difusión no folleto do Festival e nas redes sociais e demais publicacións que faga ARRAIANOS co motivo do Festival da Historia Arraiana. Tamén no caso da inscrición do usuario a un evento no que se elaboren materiais para a difusión da xornada e a súa divulgación a través do Sitio Web de ARRAIANOS e das súas redes sociais (LinkedIn, Twitter, Facebook, Instagram).

  • Outros datos: datos facilitados polos propios interesados nos campos abertos dos formularios dispostos no Sitio Web e nos documentos adxuntos.

No caso do que o Usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e se compromete a trasladarlle a información contida na Política de Privacidade, eximindo a ARRAIANOS de calquera responsabilidade neste sentido. Non obstante, ARRAIANOS poderá levar a cabo as verificacións periódicas para constatar este feito, adoptando as medidas de dilixencia debida que correspondan, conforme á normativa de protección de datos.

4. CON QUE FINALIDADE SE RECOLLEN OS DATOS PERSOAIS DO USUARIO E DURANTE CANTO TEMPO?

Os datos persoais facilitados a través do Sitio Web serán tratados por ARRAIANOS conforme as seguintes finalidades:

  • Xestionar as solicitudes de contacto, consultas e información do usuario a través das canles dispostas para isto nos Sitios Web de ARRAIANOS.

  • Xestionar a alta como socio de ARRAIANOS, no caso de que se solicite a través do formulario habilitado a tal efecto.

  • Xestionar a alta na Rede de Artesáns de ARRAIANOS, no caso de que se solicite a través do formulario habilitado a tal efecto.

  • Xestionar a inscrición e participación voluntarias nas actividades de: Banquete medieval, Conquista do Miño, Ruta petiscos, Visitas e Caracterización para o Festival da Historia Arraiana, no caso de que se solicite a través dos formularios habilitados a tal efecto.

  • Xestionar a inscrición e participación de voluntarios no Festival da Historia Arraiana, no caso de que se solicite a través do formulario habilitado a tal efecto.

  • Xestión, inscrición e difusión dos colaboradores do Festival da Historia Arraiana, nas redes sociais, nos Sitios Web e demais publicación que realice ARRAIANOS co motivo do Festival, no caso de que se autorice expresamente a referida difusión a través do formulario habilitado para os colaboradores do Festival.

  • Xestionar a inscrición e participación do usuario en candidaturas de sorteos a cargo de ARRAIANOS, no caso de que se solicite a través de un formulario habilitado a tal efecto e dar publicidade nas redes sociais e nos Sitios Web de ARRAIANOS do gañador do referido sorteo.

  • Xestionar o envío de comunicacións de carácter informativo, promocional e/ou publicitario a través de calquera medio, incluídos medios electrónicos, relacionadas coas actividades e eventos organizados por ARRAIANOS, salvo que o usuario solicite a súa baixa, opoñéndose ou revocando o seu consentimento.

Os datos serán conservados hasta que solicite a súa baixa, se opoña ou revoque o seu consentimento, durante o prazo estritamente necesario para cumprir cos preceptos mencionados con anterioridade ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais.

5. CAL É A BASE LEGAL QUE XUSTIFICA O USO DOS DATOS DO USUARIO?

A base legal que xustifica que empreguemos os seus datos é o consentimento que se solicita e que se pode retirar en calquera momento. Non obstante, no caso de retirar o consentimento, iso non afectará á licitude dos tratamentos efectuados con anterioridade.

Os consentimentos obtidos para as finalidades mencionadas son independentes, polo que se pode revocar calquera deles, de forma conxunta ou individual, non afectando ós demais.

Para revocar o consentimento pode contactar con ARRAIANOS a través do seu domicilio indicando no asunto “Protección de Datos” ou a través do enderezo electrónico info@asociacionarraianos.es . En ámbolos casos, a través dun escrito asinado para ese efecto e achegando copia do DNI.

6. A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS DATOS DO USUARIO?

Os datos non se cederán nin se comunicaran a terceiros, salvo nos casos nos que exista unha obrigación legal.

7. RESPONSABILIDADES DO USUARIO.

O usuario deberá:

  • Garantir que os datos facilitados a ARRAIANOS son verdadeiros, exactos, completos e actualizados. O usuario responde da veracidade de todos os datos que comunique, comprometéndose a notificar a ARRAIANOS calquera variación nos mesmos, respondendo da súa situación real.

  • Garantir que informou a terceiros dos que facilite os seus datos, no caso de facelo, dos aspectos contidos neste documento. Así mesmo, garante que ten a autorización dos mesmos para facilitar os seus datos a ARRAIANOS para os fins sinalados.

  • Será responsable das informacións falsas e inexactas que nos proporcione a través dos medios de recollida de información e dos danos e prexuízos que isto lle puidera ocasionar a ARRAIANOS ou a terceiros.

8. COMUNICACIÓNS COMERCIAIS E PROMOCIONAIS.

Unha das finalidades para as que ARRAIANOS trata os datos persoais por parte dos usuarios é para lles remitir comunicacións electrónicas con información relativa as noticias, actividades e eventos organizados por ARRAIANOS que poidan ser relevantes para os usuarios.

No caso de que o usuario desexe deixar de recibir comunicacións deste tipo por parte de ARRAIANOS, pode solicitar a baixa do servicio enviando unha mensaxe electrónica a info@asociacionarraianos.es.

9. DEREITOS DO USUARIO.

De acordo cos dereitos que lle confire ó usuario a normativa vixente en protección de datos, este poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ó tratamento dos seus datos de carácter persoal así como ó consentimento prestado para o tratamento dos mesmos, dirixindo a súa petición á dirección postal rúa Calvo Sotelo nº 15, 1ºA, 36700, Tui (Pontevedra) ou ó correo electrónico info@asociacionarraianos.es . En ámbolos casos, a través dun escrito asinado para ese efecto e achegando copia do seu DNI.

Así mesmo, se o usuario considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control en agpd.es.

10. SEGURIDADE DOS DATOS PERSOAIS DO USUARIO.

Procederase a tratar, por parte de ARRAIANOS, os datos do usuario de maneira lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Para isto, ARRAIANOS comprométese a adoptar as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.

Ademais, os seus datos serán tratados en todo momento de forma absolutamente confidencial e gardando o preceptivo deber de secreto respecto ós mesmos, de conformidade co previsto na normativa de aplicación, adoptando a tal efecto as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais fornecidos e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizados.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies